As primeiras imaxes da televisión saían dun pequeno espazo, uns 100 metros cadrados, nun edificio do Paseo da Habana, en Madrid. Unhas 40 persoas formaban o equipo, a mayoría sen experiencia.
Non se podía gravar polo que a reducida programación facíase en directo.
Nese primeiro día de emisión só a puideron ver uns centos de persoas que tiñan un receptor. Calcúlase que só había uns 600 en Madrid e o sinal só alcanzaba uns 70 quilómetros arredor da cidade de Madrid.
Galicia recibe as primeiras emisións
A cidadanía galega estaba ansiosa de poder ver a televisión, un afán que se calmaba coa recepción, no sur de Galicia, das emisións da RTP, a televisión portuguesa. Para poder ver Televisión Española houbo que agardar ata setembro de 1961 grazas a instalación dunha antena no monte do Pedroso en Santiago de Compostela. A emisora, cos seus 60 Kw de potencia, permitía a recepción do novo medio de comunicación nunha parte importante de Galicia.
En 1961 a emisión da televisión chega grazas a antena do Pedroso, en Santiago de Compostela Teleradio
A revista Teleradio, en 1961, destacaba que "a chegada de TVE cubriu de antenas os tellados das cidades galegas". A orografía non axudaba e eran moitas as zonas, sobre todo rurais, ás que non chegaba o sinal. Houbo que esperar ata o Mundial de Fútbol de 1982 para que todos os recunchos de Galicia tiveran acceso ás dúas canles de TVE, segundo apunta Alejandro Macías, xornalista e investigador audiovisual.
A xente para diante dun escaparate para ver as primeiras emisións da televisión. Teleradio
1971, inaugúrase a delegación de TVE en Galicia
Nunha pequeña vivenda da rúa do Vilar de Santiago comeza a historia de Televisión Española en Galicia. A inauguración foi o 25 de xullo de 1971 e na delegación traballaban catro persoas.
Horacio Arias foi un dos responsables que puxeron en marcha este centro de traballo e lembra que gravaban as informacións en cine, e logo de ser montadas, mandábannas a Madrid para a súa emisión. Luis Salguero puña a imaxe e a voz as novas galegas que logo aparecían nos telediaros.
Panorama de Galicia e Telexornal
Tres anos despois Televisión Española amplia a súa presenza en Galicia. Estréase un informativo territorial chamado Panorama de Galicia, 15 minutos de información en desconexión da programación que se facía desde Madrid. O centro trasládase do pequeno piso da rúa do Vilar a unhas instalación, con máis espazo, no Pazo de Raxoi.
Panorama de Galicia foi o pioneiro dos informativos territoriais de TVE. Tareixa Navaza, Perfecto Conde ou Luis Palmeiro foron os primeiros profesionais xunto con Luis Mariñas que, naquel tempo, apostou por introducir o idioma galego en televisión. Hai que lembrar que estábamos no ano 1974, aínda non morrera o ditador Franco, e usar o galego non era tarefa sinxela.
Unha das primeiras emisións do Panorama de Galicia RTVE Galicia
Panorama de Galicia empezou a usar o galego, unha aposta de Luis Mariñas RTVE Galicia
Despois de "Panorama" chegou o Telexornal e incorporáronse novas facianas que contaban o que pasaba en Galicia como Xoán Barro ou Cecilia Fernández que aínda hoxe son recordadas pola audiencia.
Á grella de Televisión Española en Galicia chegan novos programas como o magacín "Telegalicia" e espazos dedicados ao servizo público como "O Agro" ou "O mar", sen olvidar a cultura ou a música.
Desde o punto de vista técnico, a mediados dos anos oitenta, ábrense delegacións en varias cidades que posibilitan maior rapidez na chegada das noticas e conexións en directo con estes lugares.
Novo centro territorial
En 1991 inaugúrase o novo centro de TVE en Galicia, un espazo amplo sito na parroquia de Bando en Santiago.
Durante a década dos noventa póñense en antena novos espazos tanto en desconexión para Galicia, pola primeira e segunda canle, ademais de algún programa que se produce para toda España e para a canle internacional, como é o caso de "Desde Galicia para el Mundo".
55 anos de presenza en Galicia
Cúmprense 70 anos da primeira emisión de TVE e 55 da presenza en Galicia de Televisión Española. O valioso arquivo, agora dixitalizado, garda boa parte da historia contemporánea de Galicia. Imaxes e sons que contaron, contan e contarán todo o que pasou, pasa e pasará.