Noticias

Versións contraditorias sobre o afundimento do Villa de Pitanxo, un mes despois de afundir en Terranova

  • A AN investiga se o sinistro se debeu a unha avaría, como sostén o capitán, ou se houbo esponsabilidade penal deste

  • Dos 24 tripulantes do pesqueiro só se salvaron tres, doce seguen desaparecidos

LORETO FERNÁNDEZ / RTVE GALICIA
2 min.

Hai hoxe un mes que afundíu o Villa de Pitanxo, un arrastreiro de altura con base en Marin que pescaba fletán nas xélidas augas de Terranova.

Dos 24 tripulantes, só tres foron rescatados con vida, xunto a nove cadáveres. Dos 12 mariñeiros desaparecidos, as familias seguen a pedir medios para baixar ao pecio.

"Son marineiros españois, cremos que é de xustiza que teñan un enterro digno", reclama Kevin González, fillo dun mariñeiro desaparecido.

Son marineiros españois, cremos que é de xustiza que teñan un enterro digno

"Queremos que busquen os desaparecidos. É a mellor vía para saber a verdade," insiste María José de Pazo, filla doutro mariñeiro desaparecido.

Buscar os desaparecidos é unha tarefa complicada. "Requerimos de tempo, é una solución complicada que depende das condicións climáticas. Cando teñamos una solución, os primeiros que o van saber son eles", sinala o delegado do Goberno José Miñones.

Responsabilidades

A Audiencia Nacional investiga se houbo ou non resposabilidade penal no naufraxio e algunhas familias están tamén decididas a acudir á vía xudicial.

Hai versións contradictorias. Segundo trascendeu, un dos superviventes, o ghanés Samuel Kwesi, di que o problema xurdiu na manobra de recollida do aparello e en condicións moi adversas do mar. Di que o buque empezou a escorar a babor e que entón a tripulación lle pediu ao patrón que soltase a rede para recuperar a estabilidadedade. Pero que non o fixo nin deu orde para abandonar a embarcación.

Pola contra, en entrevista a Faro de Vigo, o capitán Juan Padín asegura que si activou o protocolo de abandono. Di que o barco parou por un fallo repentino do motor antes de que empezara a entrar auga e que xa foi imposible soltar o aparello.

Kevin González di que cree máis a versión do supervivente Samuel Kwesi. "Nós creemos a versión de Samuel, ao que estamos profundamente agradecidos pola súa valentía".

O portavoz da familia de Samuel Kwesi, Julio Torres, sinala: "O interese da maioría deles non é unha indemnizacióin, que de todas todas a terían. O interese maior de todos é realmente que ocorreu e se de verdade era inevitable".

Investigación do naufraxio

As familias condenan a aparición de pintura bermella na casa do capitán, uns feitos denuciados ante a Garda Civil.

OTemplo Novo de Marin acollerá o venres un funeral colectivo polos falecidos.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz