Noticias
Industria Audiovisual

O sector galego da dobraxe mira con esperanza á nova Lei de Comunicación Audiovisual

  • Varias enmendas propoñen fixar unha cuota para producións dobradas ou subtituladas en galego

  • Pasarían a dobrar ou subtitular ata 2.000 títulos ó ano, fronte ós 25 que agora hai en catálogo

ÓSCAR GONZÁLEZ / RTVE GALICIA
1 min.

O congreso está a tramitar unha nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual que pode muda-lo panorama do sector da dobraxe en galego. O proxecto recolle a obriga das plataformas de contidos de ofrecer unha porcentaxe dos filmes e series en castelán ou noutras linguas do país. Pero hai colectivos, coma a Mesa pola normalización lingüística, que sosteñen que cómpre separa-la cuota do castelán e a das outras linguas do país. Demandas recollidas polo BNG ou ERC nas súas enmendas no Congreso, que asegurarían a presenza do galego, catalán e euskera nos catálogos de Netflix, HBO ou RTVE.

A dobraxe ó galego a día de hoxe é prácticamente testemuñal. Dos 26.000 títulos que se poden ver en plataformas como Netflix ou HBO so 25 están en galego. De saír adiante estas propostas pasarían a producir uns dous mil, tanto dobrados coma subtitulados. Sería unha especie de maná para un sector que agrupa a 10 empresas e un cento de empregados. Ademais, a normalización do galego nestas plataformas sería de extraordinaria importancia para o idioma, como xa recoñeceu a Real Academia Galega.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz