Noticias

Protesta da frota artesanal contra o regulamento da UE

  • Rexeitan a obrigatoriedade de levar un dispositivo de xeolocalización e un rexistro electrónico de capturas

  • Afecta a 4.300 embarcacións, mariscadoras e percebeiros

ROQUE DURÁN / RTVE GALICIA
1 min.

Os homes do mar piden que se coñeza que traballo fan para non regular en contra deles. “Descoñecen o mundo do mar, gobernan desde un despacho e coñecen o mar só de cando se bañan. Se en vez de iniciativas coma este, burradas, se reunisen co sector… A quen lle se ocurre porlle un GPS a unha mariscadora para controlar o marisco¡”, di a mariscadora Victoria Oubiña.

Gobernan desde un despacho e coñecen o mar só de cando se bañan

As mariscadoras defenden que todo o proceso actual está automatizado e controlado. “É apañar, pesar e mandar os datos. Máis específico, imposible dalo”, di outra mariscadora, Patricia Alonso.

Protesta da pesca artesanal contra o control electrónico

Embarcacións pequenas

Os mariñeiros da frota de baixura, de barcos de menos de doce metros de eslora, síntense descoñecidos. “Non se entende a particularidade do noso traballo. Somos embarcacións pequenas, costeiras, cos cupos controlados, con control na lonxa”, di Ruperto Costa, patrón maior de Cambados, quen pide unha excepción dos controis para este tipo de embarcacións pequenas.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz