Noticias

A exposición máis extensa do mundo homenaxea as estrelas do Camiño

  • Sete grandes murais nas últimas sete etapas do Camiño Francés retratan as persoas que manteñen vivo o espírito da ruta

  • O artista ourensán Mon Devane crea unha enorme galería ao aire libre de 140 quilómetros de longo

ANA LORENZO / RTVE GALICIA
2 min.

O retrato da escritora canadense Laurie Denet colle forma na Porta do Camiño, entrada a Compostela. Percorreu a ruta xacobea desde Francia en 1986, namorouse do Camiño e agora vive no Cebreiro, onde creou o primeiro ‘xardín tranquilo’ de España, un espazo privado aberto a calquera persoa para a meditación.

O Camiño foi unha experiencia que me cambiou en moitas cousas

É a protagonista do último dos sete murais que conforman a exposición ‘As estrelas do Camiño’. Recoñece que para ela “o Camiño foi unha experiencia que me cambiou en moitas cousas”.

Spray en man e desde o alto dun guindastre, o artista urbano ourensán Mon Devane define cada detalle do retrato de Laurie sobre unha lona de 25 metros de alto. Esta semana quedará rematado. Os outros seis murais xa locen nas seis etapas do Camiño francés en Galicia, convertido nunha enorme galería artística ao aire libre de 140 kilómetros de longo. “Fanche xirar a cabeza e esquecer os teus problemas durante un momento”, destaca Mon Devane. O artista cre tamén que estas obras xa cumpren unha función de indicación no Camiño, porque mentres traballaba nalgúna delas “algún peregrino dixo que viña seguindo os murais. Creo que os animaba, este mural é a referencia de xa estaban conquistando outra etapa".

Resaltan as persoas que habitan no Camiño

Un luthier, un historiador experto no Camiño ou unha reposteira de melindres son outros dos protagonistas destes murais que resaltan as persoas que habitan no Camiño. O de Melide está dedicado a Isidro Pardo, un apicultor que creou un museo do mel ao pé da ruta. “O mellor sitio do mundo que hai. Estou gozando ao máximo, non me cambio de sitio por nada”, asegura desde ‘O Enredo do Abelleiro’ en Arzúa.

Para os responsables de Estrella Galicia, que organiza a mostra, o obxectivo é "render unha homenaxe a todos eses galegos que viven ao longo do Camiño de Santiago e que llesteñen aportado tanto valor”. A responsable do proxecto, Goreti Castro, cre que foron esas persoas as que “conseguiron que o Camiño de Santiago sexa hoxe en día unha senda tan internacional e global. E iso é grazas á tradición e ao saber facer desta xente que durante centos de anos soubo acoller os peregrinos."

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz