Noticias

Galicia pode gardar en ultraconxeladores dez millóns de doses das vacinas da Covid

LUIS G. LABANDEIRA
2 min.

Unha nave do polígono industrial de Costa Vella en Santiago está equipada cunha serie de bioconxeladores que poden manter mostras biolóxicas de calquera tipo a temperaturas inferiores aos 70 graos baixo cero.

Poden mesmo chegar aos 80 baixo cero, as temperaturas de ultraconxelación requeridas para a conservación e manexo da vacina anunciada pola multinacional farmacéutica Pfizer, asociada con BioNTech que acadou o 90 % de efectividade e que abriu un horizonte de esperanza na loita contra a pandemia.

O almacén é un dos tres que a empresa Biorepos tén en toda España e que suman, nestes momentos, unha capacidade de almacenamento de dez millóns de vacinas coma a anunciada pero os seus xestores aclaran que poden aumentar ese almacenamento en ultraconxeladores ata os 30 millóns de vacinas. Abondaría e sobraría para almacenar os 10 millóns que o Ministerio de Sanidade anunciou que pensa adquirir, se finalmente é autorizada.

Capacidade para almacenar vacinas de ARN ultraconxeladas

A empresa propietaria conta con instalación en Madrid e Hernani, ademáis da de Santiago. Naceu hai un ano, froito da unión da firma guipuzcoana Bexen, que xa contaba coas instalación de Hernani, coas galegas Prosaga e Servicio Móvil. Dalles emprego a unha vintena de traballadores e atende a empresas do eido da biotecnoloxía e a equipos de investigación de toda España.

É coma un río biolóxico que, se non o paras e o conxelas dalgún xeito, segue correndo e desaparece

Agora están pendentes da saída ao mercado das novas vacinas e do feito de que as dúas primeiras anunciadas, a de Pfizer e agora a de Moderna, estén baseadas no ARN mensaxeiro, un elemento moi inestable que require frío e conxelación para conservarse. “É coma un río biolóxico que, se non o paras e o conxelas dalgún xeito, segue correndo e desaparece”, explica Isabel Talegón, a responsable de Biorepos.

Os seus ultraconxeladores son un exemplo da tecnoloxía que está a impulsar a loita contra a Covid.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz