RTVE noticias

A bailarina ourensá de breaking Mini Ali, medalla de bronce nos Xogos Olímpicos da Xuventude

  • Alicia Babarro, Mini Ali, comezou a bailar breaking en Ourense con seis anos

  • Agora, con quince, é a oitava mellor bailarina do mundo junior e a primeira non asiática

Domingo Bobillo | Jorge Salvador
3 min.

A bailarina ourensá de quince anos, Alicia Babarro, Mini Ali, volve facer historia ao lograr a medalla de bronce de breaking nos Xogos Olímpicos da Xuventude na cidade africana de Dakar. Gañou con folgura as tres rondas da batalla que a enfrontou a unha bailarina marroquina. Non puido optar á medalla de ouro ao quedar eliminada por un punto nas semifinais contra a representante ucraína.

Alicia Babarro comezou a bailar breaking en Ourense con seis anos cando en España aínda non existía ningún club federado. Nove anos despois, a base de talento e moito esforzo, é a oitava mellor bailarina do mundo junior e a primeira non asiática, todo un logro tendo en conta que segue adestrando en Ourense.

Pioneira do breaking

Asistimos a un dos derradeiros adestramentos de Mini Ali antes de viaxar de Ourense a Dakar para competir nos Xogos Olímpicos da Xuventude. É a primeira atleta, home ou muller, que representa a España neste deporte nunhas olimpíadas, da mocidade ou absolutas.

Alicia Babarro, Mini Ali, cóntanos o ánimo co que vai ás olimpíadas: "Viajo para, básicamente, intentar hacer lo mejor de mí y que realmente cuando vea los vídeos que me guste como haya bailado y que vea progreso".

Para chegar a Dakar no seu mellor estado de forma, adestrou tres horas diarias durante oito meses compatibilizándoo cos estudos de primeiro de bacharelato. Mini Ali é a actual campioa de España absoluta e foi cuarta no campeonato do mundo junior, só por detrás das bailarinas asiáticas.

“Su evolución ha sido bestial en los últimos años. Cada día sorprende, aunque entrenes todos los días con ella, te sigue sorprendiendo“

Adrián Puga, Bboy Puga

Referente en España

Adrián Puga, Bboy Puga, foi o descubridor de Mini Ali: "Su evolución ha sido bestial en los últimos años. Cada día sorprende, aunque entrenes todos los días con ella te sigue sorprendiendo. Además, es una chavala que trabaja muchísimo. ¿Qué destacaría? Pues la pasión que tiene por el break".

"Dentro do panorama español é o referente, aínda que non teña idade para elo", explica Borja Caballero, Bboy Caba, o adestrador de Mini Ali. "Creo que todo o mundo –engade–, aínda que diga que non, fíxase nela, ve videos dela e sabe onde está. Serve de referente aínda que moitas veces non llo digan".

En Dakar competiu contra once bgirls

A súa principal rival era candidata á medalla de ouro é a japonesa Hiyo, que con 17 anos só se dedica a bailar. As aspirantes ás outras medallas, ela, una bailarina ucraína e outra estadounidense.

“No voy a por una meta fija, simplemente voy para hacerlo lo mejor posible y, hombre, si se puede conseguir una medalla, pues ojalá“

Alicia Babarro, Mini Ali

Mini Ali asegura que "estas batallas sí que se pueden luchar y realmente sí que se pueden ganar. No voy a por una meta fija, simplemente voy para hacerlo lo mejor posible y, hombre, si se puede conseguir una medalla, pues ojalá".

Mini Ali volve a Paris

Conseguiu a de bronce. Despois de Senegal participará por primeira vez nun campeonato do mundo absoluto de breaking, no que medirá coas mellores bailarinas do planeta. Será en París, a cidade que espertou a súa paixón por este deporte cando era realmente una bailarina mini.