RTVE noticias

Sen servizos, sen casas e sen recuperación do monte, un ano despois da peor oleada de lumes deste século en Galicia

  • Na segunda quincena de agosto de 2025 desatouse a maior vaga de lumes dende 1989

  • Un ano despois seguen as consecuencias: riadas, aldeas sen auga, pastos e viñedos perdidos

Rtve Galicia
2 min.

Case 120 mil hectáreas arderon en Galicia no ano 2025, 111 mil en 18 grandes lunes forestais. A meirande parte, na provincia de Ourense, a partir da segunda quincena de agosto. Un ano despois, percorremos as zonas máis afectadas, e falamos cos que tiveron que afrontar a delicada situación

“Non estábamos preparados, quen estaba preparado para aquilo“

A peor parte levouna San Vicente de Leira. O lume chegou o 16 de agosto e afecton a 120 das 150 casas. Un ano despois, os veciños describen a situación de terceiromundista, e acusan de abandono ás institucións. Os entullos amoréanse ante as vivendas, algunhas irrecuperables, nun pobo que perdeu ata as traídas de auga, ó igual que moitas localidades de Vilamartín de Valdeorras.

“Nin auga para poder beber, nin desescombraron as primeiras vivendas!“

En practicamente toda a xeografía das zonas afectadas, pode verse montes completamente arrasados, árbores milenarias destruidas. Os viñedos axudaron a frear o lume pero... A costa da perda de colleita e da degradación e perda do solo durante anos...

Montañas tinguidas de negro, preto das casas, en Valdeorras Rubén Beiró

Todos temen que cada vez sexa peor...

“Nesta aldea o único gandeiro son eu. Todo o que hai segado, segueino eu. Non vou durar sempre, e non vexo a ninguén por detrás“

Este verán as temperaturas volveron marcar récords históricos, e as alertas e prealertas por seca afectan a 3 de cada 4 concellos galegos. Din os expertos que a semana 33 do ano, arredor do 15 de agosto, marca o inicio das peores datas de incendios en Galicia.