Noticias

Volve a noite de San Xoán con gañas de recuperar o ambiente prepandemia

  • Batéronse récords de solicitudes para facer cacharelas en toda Galicia

  • O de Nigrán volve ser un 'San Xoán Sen Lixo', para reducir ao mínimo a recollida de refugallos

RAMÓN VALLES / E. MORALES / RTVE GALICIA
2 min.

As autoridades reiteraron os chamamentos á prudencia de cara a noite de San Xoán, para a que houbo máis solicitudes ca nunca para facer cacharelas en toda Galicia. Había gañas de vivir unha celebración como as de antes da pandemia.

Riazor e Panxón

Visitamos dous dos lugares que máis xente congregan esta noite, as praias coruñesas de Riazor e Orzán e as de Panxón e América en Nigrán.

Na Coruña as praias están parceladas e o concello reparte 120 toneladas de leña para facer as fogueiras, tamén dispón dun dispositivo de preotección e vixiancia composto por 700 axentes despregados en terra, mar e aire.

Na cidade hai programados concertos e a hostalaría amplía o seu horario de peche.

Nas praias de Nigrán as dunas están valadas para evitar posibles danos durante as celebracións e instaláronse xeradores que as iluminarán para facilitar a súa vixiancia.

200 axentes de protección civil patrullarán a zona para evitar roubos e altercados.

Coma no ano 2019, este volve ser un 'San Xoan Sen Lixo', unha inciativa que busca concienciar aos asistentes para deixar o menor número de desperdicios posibles na praia ao remate da noite.

O alcalde, Juan González, lembra que grazas á campaña en 2019 se recolleu un 90 por cento menos de lixo ca en 2018. "Agardamos que este ano saia igual de ben".

Un grupo de voluntarios percorrerá a zona das celebracións lembránndolles aos asistentes as claves para que a noite máis curta do ano deixe a menor pegada posible na praia.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz