Noticias

Unha exposición xunta a creadoras de primeira liña dos séculos XX e XXI non recoñecidas abondo por seren mulleres

  • Hai 32 pezas seleccionadas dun total de 5.000, de 30 artistas

  • "Mirar de novo a muller contra o tempo" está aberta na Afundación da Coruña

MATILDE VÁZQUEZ / RTVE GALICIA
1 min.

A exposición reúne obras escollidas dos fondos de Afundación, Abanca, museos e coleccións particulares. Foron feitas por mulleres que no seu tempo non tiveron o recoñecemento debido.

Mulleres do século pasado e deste, como María Blanchard, Maruja Mallo, Berta Cáccamo, Elena Almeida, Pamen Pereira, Soledad Sevilla, Lita Cabellut, ata trinta artistas.

Vella reivindicación

Nos grandes museos faltan moitos nomes, nalgúns casos, intencionadamente

"Mirar de novo. A muller contra o tempo" é, a parte do título desta mostra, unha vella reivindicación.

Un dos comisarios da exposición, Diego Cascón, sinala: "Nos grandes museos faltan moitos nomes, nalgúns casos, intencionadamente. Non figuran non só na arte, senón noutros moitos campos, nas ciencias, na literatura... "

Houbo que elixir entre 5.000 obras, de diferentes cronoloxías e tendencias, e darlles un relato coherente. Por eso, a exposición se divide en cinco temas: natureza, abstracción, retrato, tradición e performativo.

Eso convida a facer unha lectura crítica da historia da arte

"Hai un grupo moi amplo de mulleres artistas, coa súa importancia e a súa mensaxe na historia da arte. Eso convida a facer unha lectura crítica da historia da arte".

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz