Noticias

Bogotá instala un fito quilométrico do Camiño de Santiago

  • É o símbolo da ruta máis alto do mundo, no Cerro de Monserrate, a 3.200 metros de altitude

  • Sinala a distancia ata a catedral compostelá: 7.674 quilómetros

BEATRIZ VIAÑO / CORRESPONSAL EN COLOMBIA / RTVE GALICIA
2 min.

A sinalización dos camiños de Santiago exténdense por todo o mundo. Desde agora, tamén na capital de Colombia, a 3.200 metros de altura, nun dos puntos máis turísticos de Bogotá, o Cerro de Monserrate, lugar tamén de peregrinación no país colombiano.

Cada vez me hago más viejo y es más difícil hacerlo, pero tengo toda la intencion de volver

Gabriel acaba de chegar de México e peregrinou a Compostela dúas veces, polo que coñece ben os símbolos da frecha e a vieira, que non imaxinaba atopar agora naquel lugar de Colombia. Mirando para eles, evoca as súas viaxes no Camiño de Santiago. "Cada vez me hago más viejo y es más difícil hacerlo, pero tengo toda la intencion de volver".

Peregrinos latinoamericanos

A de Bogotá é a quinta pedra que a Xunta instala en Latinoamérica.

America latina é un dos destinos máis importantes desde o punto de vista turístico e estase incrementando o número de peregrinos que fan o camiño de Santiago desde aló, sinala Francisco Conde, Vicepresidente económico da Xunta, presente na apertura do fito quilométrico.

Colombia representa o décimo terceiro país emisor de peregrinos que chegan a Santiago.

25.000 personas antes de la pandemia visitaban la Catedral y hacían la peregrinación completa

Karol Fajardo, directora do Instituto Distrital de Turismo, ponlle cifras. "25.000 personas antes de la pandemia visitaban la Catedral y hacían la peregrinación completa. Eso quiere decir que tenemos mercado mútuo".

7.674 quilómetros separan a capital de Colombia da Catedral de Santiago. Esa é a cifra marcada no fito instalado no alto do Cerro de Monserrate.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz