Reganosa
A de Reganosa en Mugardos é unha das sete plantas de regasificación listas para asegurar o fornecemento do mercado español e de suplir a oferta que vai deixar de chegar de Alxeria, logo de que este país pechou o gasoducto que chegaba ata as costas de Andalucía atravesando Marrocos.
O outro gasoducto que permanece en funcionamento non abonda para asegurar todo a subministración e haberá que importalo usando buques metaneiros que transportan gas licuado.
Participada pola Xunta e o grupo Tojeiro, Reganosa agarda de aquí a finais de ano a chegada de sete buques, culminando así un ano no que se puxo á cabeza das de toda España.
Son precisamente estas plantas as que, en opinión dos expertos, garanten uns meses invernais sen sobresaltos en fornecemento.
Prezos altos
Non haberá escaseza, pero seguiremos pagando un gas caro por mor da gran demanda internacional, sobre todo a de China.
E os custes do gas son os que están detrás do encarecemento da electricidade.
Lémbrano as empresas fornecedoras de enerxía.
Esa dependencia do gas e a súa influencia nos prezos é criticada pola Xunta, que lle pide ao Goberno Central máis determinación para evitar que as fluctuacións do mercado poñan en dificultades aos consumidores.
O Ministerio asegura que a subministración de gas alxeriano está garantida pese ao enfrontamento deste país con Marrocos, que foi o que motivou peche do gasoducto Magreb-Europa.