Noticias

Balnearios como centros sanitarios para curar secuelas da covid persistente e os trastornos psicolóxicos da pandemia

  • É unha proposta analizada na Feira Internacional do Turismo Termal en Ourense

  • Especialistas defenden unha mellora "espectacular" cun programa de 10-12 días

DOMINGO BOBILLO / RTVE GALICIA
2 min.

En marzo o balneario de Archena (Murcia), convertíase nun referente nacional pola posta en marcha dun servizo pioneiro: un programa Psicotermal para paliar as secuelas da covid.

El cambio en estas personas, con un tratamiento de 10-12 días, es espectacular

"El cambio en estas personas, con un tratamiento de 10-12 días, es muy grande, la mejoría es espectacular", sinala o director médico dese balneario, Luis Ovejero.

Prescripción médica

A experiencia do balnerio de Archena abordouse en Termatalia, a feira internacional de turismo termal de Ourense.

Púxose como exemplo dos beneficios da balneoterapia na rehabilitación das secuelas post covid.

Segundo o experto en hidroloxía médica Francisco Maraver xa existe unha proposta do sector termal a nivel mundial para que os balnearios colaboren cos sistemas nacionais de saúde na cura das síndromes post covid e do confinado.

La prescripción de una cura termal en Francia la hace el médico de cabecera o un especialista

"La prescripción de una cura termal en Francia la hace el médico de cabecera o un especialista. Paradójicamente, en España hay programas de termalismo social, pero no lo prescribe el médico.

Non hai aínda estudos científicos que avalen os beneficios da balneoterapia para a recuperación da saúde das persoas contaxiadas por covid, pero a catedrática de Hidroloxía Médica Rosa Meijide é partidaria de elaborar un protocolo para derivar aos pacientes aos balnearios.

"Nesta nova patoloxia hai que definir cales poden tratarse nos balnearios e os resultados que se poden agardar", precisa.

Na edición deste ano de Termatalia reuníronse 72 expertos de 12 países para analizar os desafíos do termalismo despois da pandemia.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz