Noticias
PESCA

Cos trebellos de pesca e o móbil para difundir nas redes o seu traballo e o coidado do medio mariño

  • Rogelio Santos comezou a contar historias nas redes sociais porque un profesor o animou

  • O seu labor é recoñecido con premios e chámano para facer divulgación nos centros educativos

ROQUE DURÁN / RTVE GALICIA
1 min.

Rogelio Santos Queiruga leva 25 anos traballando no mar xunto co seu irmán, na ría de Muros-Noia. Na sua planadora, ademáis de aparellos de pesca, é imprescindible un teléfono móbil para contar historias.

Hai tesouros escondidos en cofres humildes

"Hai tesouros escondidos en cofres humildes", conta mentres ensina á cámara un berberecho, "hai tiburóns grises e grandes lumbrigantes que os devolven ao mar cando están en veda".

Coidado do mar

Rogelio descobre os produtos do mar, o respecto ao medio ambiente e o recoñecemento do traballo dos mariñeiros.

Se queremos polbos grandes, temos que liberar os pequenos

"Se queremos polbos grandes temos que liberar os pequenos... Vemos como aletean as raias mosaico ao ser liberadas da rede". De cativo xa tiña un xeito especial de comunicar e, por iso, un profesor o animou a comezar a contar historis nas redes sociais. Rogelio deixou a escola cando seu pai morreu, nese mesmo mar que el tanto ama. Cos anos, a curiosidade por saber máis sobre o mar levouno a ir á escola de noite.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz