menú principal Noticias
Tokyo 2020

Ana Peleteiro, bronce en Tokyo e filla predilecta de Ribeira

MANUEL MIDÓN / RTVE GALICIA
Tiempo de lectura 1 min.

Ribeira erguíase hoxe co orgullo de ter unha medalla olímpica dunha das súas veciñas máis ilustres. “É un orgullo para nós, para Ribeira e para Galicia”, era a expresión habitual ao preguntar pola xesta de Ana.

É un orgullo para nós, para Ribeira e para Galicia

Ana sabía que contaba co impulso de todo o Barbanza para pegar ese brinco de 14 metros e 87 centímetros, pulverizando así o récord de España.

Unha fazaña que a converte tamén na primeira galega cunha medalla olímpica en atletismo.

Ganas de chegar a Ribeira

Para Ribeira eran as primeiras palabras de Ana tras gañar o bronce. “Primera medalla para Ribeira, ¡Es brutal¡ ¡Tengo unas ganas de llegar!"

Primera medalla para Ribeira, ¡Es brutal¡ ¡Tengo unas ganas de llegar!

A campioa de Castiñeiras será proposta polo concello para ser filla predilecta e servir de imaxe turística. “Xa falaramos con ela, que podía ser a nosa imaxe. Ese terceiro salto de Ana na praia do Vilar sería un salto impresionante¡”, di o alcalde, Manuel Rivas.

Ese terceiro salto de Ana na praia do Vilar sería un salto impresionante¡

Despois da resaca da medalla de Ana outro ribeirán parte para Toquio, o paralímpico Álex Vidal, que competirá en taekwondo.