Noticias

Destrozos na exposición de Santiago sobre refuxiados que morreron tentando chegar a Europa

  • Varios paneis da mostra apareceron escachados en dúas noites da fin de semana

  • Concello compostelán e organizacións humanitarias falan de acto vandálico inspirado por grupos de extrema dereita

LUIS LABANDEIRA / RTVE GALICIA
2 min.

Dos trece paneis colocados na Alameda de Santiago para lembrar aos migrantes mortos cando trataban de acceder a Europa dende o sur, só quedan oito e tres deles presentan danos.

Os ataques repetíronse dúas noites seguidas

Os catro primeiros foron atacados na noite do venres e os outros tres, na seguinte, cando se retirou a vixilancia policial.

"Estivo a policía ata as 5 da mañá pero, en canto se retiraron, apareceron outros tres paneis totalmente destrozados", sinala Mila Castro, concelleira de Políticas Sociais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou hoxe unha declaración que será levada ao próximo pleno en defensa dos migrantes e de rexeitamento á xenofobia e o racismo.

Odio ou vandalismo?

Concello e organizacións humanitarias din que detrás do ataque está o discurso de determinados grupos que propagan estas ideoloxías.

Para a concelleira de Políticas Sociais, é o discurso da extrema dereita. "É un acto vandálico, pero non casual. É provocado polos discursos dos grupos de extrema dereita que ataca a este colectivo vulnerable. "

É un acto vandálico, pero non casual, provocado polo discurso da extrema dereita que ataca a este colectivo vulnerable.

A exposición recolle a lista de 40.555 mortes documentadas de persoas que pereceron tratando de atravesar o Mediterráneo ou o Atlántico ou de cruzar outras fronteiras, camiño de países europeos, segundo datos recollidos pola organización das Nacións Unidas, UNITED.

Miguel Fernández, da Rede Galega de Apoio ao Migrante,  dí que é preciso "pPoñerlle nome a eses números, que saibamos que detrás deses números hai unha persoa coma ti e coma min", apunta ao xornalista.

Que saibamos que detrás deses números hai unha persoa coma ti e coma min

Varios dos paneis tiveron que ser retirados para reparalos, antes da inauguraciòn da mostra este vindeiro xoves.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz