Os equipos de vacinación da provincia de Ourense están de festa porque esta mañá administraron a dose número 300.000. É unha cifra semellante á do número de habitantes que ten a provincia. Máis dun 42 por cento xa recibiron a pauta completa e outro 18 a primeira dose
Para simbolizar a importancia de acadar esta cifra escolleron ao chou unha persoa e nomeárona vacinada 300.000.
“Estoy superagradecida, animo a todos a recibir la vacuna“
Tocoulle a unha venezolana de 45 anos que leva once vivindo en Ourense e que traballa nunha clínica de estética. Vacinárona con Pfizer. Esperanza Figueroa dixo que estaba "superagradecida" e anima a todos a recibir a vacina.
Repunta de casos na cidade
A celebración da vacina 300.000 condice coincide cunha repunta de casos activos na capital. Agora hai 101 persoas contaxiadas, cinco máis que cando rematou o estado de alarma, o 8 de maio, e unha menos que o 28 de febreiro, a última vez que se superaran o cento de casos.
En 2020, ano da pandemia, faleceron na provincia de Ourense 5.105 persoas. Non se superaba esa cifra dende hai setenta anos