A pequena localidade de Fisterra, na Coruña, ten un cemiterio espectacular, coñecido e recoñecido en todo o mundo pola súa singularidade arquitectónica.
“Non é un cemiterio ó uso. Os muros son o ceo, a ladeira da montaña e o mar“
Está composto por grandes cubos de granito, abertos na fronte para acoller os nichos e protexer aos visitantes das inclemencias metereolóxicas. O arquitecto César Portela concebiuno integrado na natureza, sen muros por ningures.

Vista dos cubos do cemiterio de César Portela en Fisterra
Un camposanto sen mortos
Pero este cemiterio non ten mortos. Hai cidadáns que amosan, sen presas, o seu desexo de ocupar un dos nichos deste camposanto tan peculiar. Pero cuestións administrativas, e incluso certo rexeitamento por parte da poboación local, fixeron que só se instalaran a metade dos cubos previstos.
Só tivo un inquilino, e estaba ben vivo cando se decidiu a ocupar un dos nichos. "Se alguén se levanta da cama aquí pola mañá ve que o mundo é un paraíso", dicía Santiago.
Un proxecto global para a fin do mundo
A soidade deste singular camposanto pode estar chegando á súa fin. O concello de Fisterra mantén contactos con tódalas administracións para dotalo dos servicios que precisa.

O cemiterio de Portela encadrado na súa paisaxe
O rexedor, José Marcote, enmarca os traballos dentro dun plan máis ambicioso que explique ó visitante da localidade que se atopa no que históricamente foi considerado coma a fin do mundo.