Noticias

Daniel Minimalia trae a Ourense o seu grammy latino

  • O guitarrista está na súa cidade para compartir o premio con familia e amigos, antes de comezar unha xira mundial

  • Confesa que para compoñer necesita sentirse algo frustrado ou presionado

DOMINGO BOBILLO / RTVE GALICIA
1 min.

Co Grammy Latino baixo o brazo, Daniel Minimalia volve a Ourense e fala dos seus novos proxectos. O guitarrista e compositor vai comezar unha xira por todo o mundo e comezou a escribir un libro, “A música que levas dentro” é o título, que será unha historia de superación, escrita a medias coa súa parella.

"Eu non estudei música, son unha persoa moi tímida, teño moitas cousas que superar", recoñece o que é o único músico galego que ten un Grammy Latino por un álbum propio.

Crise existencial e Grammy

Minimalia superou unha crise existencial e artística creando "Terra", o disco premiado co grammy. Agora está feliz e non lle apetece compoñer. Recoñece que para facelo necesita sentirse algo frustrado ou presionado. "Se estou feliz, prefiro pasear ou ver cine. Para compoñer teño que estar de ánimo medio tirando para abaixo".

Para compoñer teño que estar de ánimo tirando para abaixo

Grazas ao Grammy, multiplicáronselle os concertos. "Farei moitos concertos este verán, teño un grupo detrás cada vez máis grande. É un soño ter que só dedicarme a facer música", confesa Minimalia.

Agarda publicar disco en 2022.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz