Noticias

Vizoso: de aprendiz con Díaz Pardo a deseñador estrela de Sargadelos

  • Durante corenta anos, moitos dos deseños da emblemática firma de cerámica foron obra del

  • Os cabalos das San Lucas de Mondoñedo e os retratos dos vecinos foron os seus primeiros deseños

ANA ZAS / RTVE GALICIA
2 min.

Xosé Vizoso, agora xa retirado, segue debuxando cada día. Un documental pon de relevo a súa figura á sombra do desaparecido Isaac Díaz Pardo, que o fichou ao rematar o bacharelato e despois de gañar o Premio Nacional Xuvenil de Escultura.

Sargadelos foi a súa escola e Díaz Pardo o seu mestre

"El pintor Isaac Díaz Pardo, continuando una noble tradición en las aplicaciones de la sensibilidad artística, realiza también interesantes trabajos de cerámica", así narraba o NODO os inicios de Díaz Pardo, un dos impulsores, xunto ao tamén pintor Luis Seoane, do renacer da fábrica de cerámica do marqués de Sargadelos, pechada un século atrás, en 1875.

Vizoso soñaba con estudar Belas Artes, pero nunca chegou a facelo, porque nada máis rematar o bacharelato conseguiu traballo en Sargadelos. Acabaría sendo a man dereita de Díaz Pardo, tal como contou na serie Luces de Sargadelos, do programa Crónicas de La 2.

Había aprendido en Sargadelos más que en ninguna escuela de bellas artes

Xosé Vizoso, en Crónicas: "Luego más tarde me dí cuenta que había aprendido allí más que en ninguna escuela de bellas artes. Eso fue mi escuela y luego, el estar con Isaac, que es una persona única".

Debuxante vocacional obsesionado cos cabalos e o retrato

"Eu tiña obsesión de debuxar cabalos porque os vía pasar cando viñan para a feira da San Lucas... entón empecei a debuxar, a debuxar o cabalo" (xosevizoso.com)

O deseñador de Mondoñedo amosa parte dos milleiros de retratos que aínda hoxe pinta, retratos que empezou a facer de neno nun ultramarinos, onde conseguía papel e boli.

Me dejaban un bolígrafo y todos los paisanos que pasaban por allí los dibujaba

Xosé Vizoso: "Un ultramarinos que había al lado de casa... Casa Claudino. Allí se usaba el papel de estraza para envolver el bacalao. Yo me iba para allí. Me dejaban un bolígrafo y todos los paisanos que pasaban por allí los dibujaba. He hecho cientos de retratos allí.

Agora xubilado, Xosé Vizoso confésase incapaz de ordenar todos os deseños e bocetos que acumula logo de ter sido durante corenta anos un dos deseñadores estrela de Sargadelos.

Na web xosevizoso.com pódese agora acceder o catálogo máis completo.

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz