Noticias

Úrsula Heinze, dunha Alemaña en guerra a unha aldea galega

  • A escritora alemá afincada en Galicia repasa en "Flashes" algunhas das súas vivencias

RTVE GALICIA
2 min.

Cando había alarma de bombas, había que meterse no soto. Miña nai sempre tiña unha navalla de afeitar

A vida de Úrsula Heinze (Colonia, 1941) arrinca nunha Alemaña en guerra. Dende os anos 70 a súa vida transcorre en Galicia, onde fundou e presidiu o PEN Clube, e publicou numerosas obras: novelas, relatos, ensaios, e literatura, tanto en galego como en alemán.

Instantáneas dunha vida con luces e sombras

En "Flashes" percorre a través de instantáneas curtas algúns dos recordos máis salientables ou curiosos da súa vida, moitas veces dende o sorriso, pero tamén dende outras emocións. "Cando había alarma de bombas, había que meterse no soto. Miña nai sempre tiña unha navalla de afeitar, porque se quedabamos aí debaixo e a casa caia enriba de nós, ela dicía que nos cortaría as veas para morrer rápido"

Eu vin dun mundo totalmente distinto, unha grande cidade de 9 millóns de habitantes... e caio aquí, na aldea. Acolléronme con curiosidade

Heinze cóntanos nesta entrevista cómo foi a súa chegada a Galicia: "eu vin dun mundo totalmente distinto, unha grande cidade dun millón de habitantes... e caio aquí, na aldea..." Galicia aportoulle unha vida co seu home, rodeada de xente sinxela. "Acolléronme con curiosidade, era a estranxeira, pero son unha persoa que se adapta a todo." O máis difícil, recoñece, foi integrarse no mundo literario galego, xente de certa cultura... porque ahí sempre recibín rexeitamento."

Entrevista Ursula Heinze .- 13/03/2021

A literatura e o humor como terapia

"Botar a vista atrás ás veces é duro", di Heinze, anque ela o fai dende o humor, e o usa como terapia nos seus momentos máis duros, coma no seu ingreso psiquiátrico, do que saíron dous títulos: "... e os domingos, un croissant" e "Pon un psiquiatra na túa vida... e xa verás".

O sanatorio é un mundo real ate certo punto

"Eu estiven alí, pero eu a cabeza a tíñaa moi ben, tiña outras cousas. É un mundo real ata certo punto, porque os problemas e as persoas son reais... recordo esta época con momentos felices".

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz