Noticias

Baixaron os transplantes un sete por cento, con menos doazón de órganos pola covid

  • Aumentaron as negativas dos familiares de falecidos, sobre todo en marzo e abril de 2020

  • En Galicia baixaron as doazóns un oito por cento, o  dezanove por cento no conxunto de España

LUIS G. LABANDEIRA / RTVE GALICIA
2 min.

Actualmente hai en Galicia 8.600 persoas un ril, un pulmón, un corazón, un fígado ou un páncreas que lles permite seguir con vida grazas a teren recibido un transplante nun dos hospitais galegos que realizan este tipo de intervencións.
Unha mellora na saúde que é posible polas doazóns que realizan as familias de persoas falecidas que, cada vez máis, aceptan a petición que lles realizan os profesionáis do SERGAS neses delicados e dolorosos momentos.


110 doazóns de órganos e 328 transplantes


Precisamente esas circunstancias e os especiais momentos que se viviron o ano pasado, sobre todo nos meses de marzo e abril parecen estar detrás do lixeiro aumento das negativas familiares a aceptar esas doazóns. Aínda así, en 8 de cada dez casos, a resposta, din os responsables do SERGAS, é afirmativa e en Galicia realizáronse o ano pasado 110 doazóns de órganos fronte ás 136 que houbera no exercicio anterior.
O doante medio é un paciente duns 60 anos de idade que faleceu a causa dun problema cerebrovascular, algo que vén sucedendo xa dende hai algún tempo, sustituíndo esta tipoloxía á que se rexistraba no inicio da actividade da Axencia Galega de Doazón, cando unha boa parte dos doadores rondaban os 40 anos e faleceran vítimas de accidentes de tráfico.


A doazón e transplante de medula ósea, das máis afectadas


Nos hospitais galegos houbo 6 doantes, pese á situación de pandemia.
Este tipo de transplantes foi dos máis afectados polo parón a que obrigou a especial situación sanitaria pero aínda asi, rexistráronse 928 doantes de medula máis e a cifra total en Galicia acada os 12.458.
 

Noticias

Televisión

Radio

Deportes

Infantil

A la Carta

Playz